ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cando chega o tempo de defuntos é natural que acudamos aos camposantos para lembrar especialmente aos nosos. O noso país ten unha querencia singular polo culto aos mortos, é algo que forma parte da nosa cultura máis ancestral. Visitamos nós un entrañable cemiterio que pode ser exemplo de calquera cemiterio galego. Reparamos na sua situación, apartado do mundanal ruido, no igrexario da parroquia de Limodre, no concello de Fene (A Coruña). A sua ubicaci&
Cando un se encamiña cara a un camposanto galego pode pensar que todos son similares e que non imos atopar nada especial, nada máis que nichos e tumbas, pero sempre reparamos nalgunha curiosidade. Claro está que non estamos diante deses cemiterios das vellas cidades europeas que son, cada vez máis, obxecto turístico só porque neles repousan persoaxes importantes, músicos, escritores...Non é o caso do cemiterio de Limodre, aínda que buscar buscamos se nel se atopaba o guerrilleiro antifranquista Xan de Xenaro. Matáronno nunha encerrona en Murasl- Lugo no ano 1948, segundo os datos oficiais, pero na sua parroquia, na que por lóxica lle correspondería, non foi soterrado. Demos,iso sí, coa tumba na terra dos seus pais, "Familia Pérez Dopico. D.E.P."
O do campanario é un camposanto modesto porque a parroquia ten un censo que non chega aos 500 veciños, daí que a sua dimensión sexa escasa. As referencias máis remotas que atopamos de "Santa Olaia ou Santa Baia de Coiro" son as memorias de D. Jerónimo del Hoyo, de 1609 cando contaba con 22 fregueses. Por iso sorprende, unha vez que entras no recinto, comprobar como no centro se ergue un mausoleo de enormes dimensións, cúpula contra o ceo e columnas clásicas enmarcando a porta de acceso ao interior. Este pertence á familia de José A Vázquez, falecido o 25 de xuño de 1942, aos 64 anos de idade, segundo reza na lápida. Para maior "grandeza"do recinto, ao seu lado érguese un segundo mausoleo, este menos pomposo, da familia de Antonio Seijido. Cada dous pasos que das polo camposanto de Limodre decátaste de que o apelido "Seijido" repítese ata a saciedade, sendo sen dúbida o máis habitual nesta parroquia fenesa.
Xusto ao pé da porta da igrexa de Santa Eulalia, no chan, atópase a tumba máis antiga do recinto, a de D.José Sánchez González na que reza en relevo a seguinte inscripción, "cura que ha sido de esta parroquia por espacio de 21 años. Falleció el 18 de febrero de 1879, a los 79 años". Non proliferan neste camposanto, como sí ocorre noutros, epitafios curiosos ou adicatorias máis prosáicas que o simple D.E.P ou R.I.P, tralo nome do defunto. Topamos con dous moi sintéticos pero non menos efusivos, " El mejor padre del mundo" ou aquel outro " Nadie muere mientras esté vivo su recuerdo en el corazón de alguien que aún le ama".
A imaxe que ofrecen as lápidas dos nichos do lugar do Campanario dan boa información do paso do tempo, dende as máis antigas en pedra e con portas de cristal ata as máis modernas en mármore branco ou negro. Escasas as tumbas na terra. Hoxe silencio e austeridade, o próximo domingo, balbordo e flores multicolor, porque lembramos aos que marcharon para sempre.