Visita ao Moeche secreto

Visita ao Moeche secreto
02 de Agosto, 2021 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

Unha visita ao Moeche máis secreto desenvolveráse este sábado 7 de agosto. A iniciativa servirá para lembrar á mestra Matilde Aranguren represaliada tras a guerra civil, pero que deu clase na localidade na posguerra. Era filla do xeneral Aranguren, membro da Garda civil, fusilado polo exército sublevado en 1939 tras un consello de guerra. En torno ao militar realizou o escritor Lorenzo Silva o libro Recordarán tu nombre, publicado en 2017 por Editorial Planeta. 

Castelo de Moeche en 2008

Silva relata, entre outros episodios da vida de Aranguren (nacido en Ferrol en 1875) a historia da sublevación militar en Barcelona en 1936 e a decisión do máximo responsable da Garda civil, que optou por defender a democracia. É a historia dun heroe esquencido, un home que foi quen de antepoñer a lealtade e o seu sentido do deber ás ordes de quen acabaría facendose co poder. 

A visita do sábado incluirá a escola na que deu clase Matilde Aranguren, o castelo dos Andrade e unha vivenda indiana construida por un home nativo de Moeche. A iniciativa seguirá os protocolos de seguridade Covid 19 marcados polas autoridades. As persoas interesadas poden apuntarse antes do mércores ás 22 horas en sonradiofusion@gmail.com. Organiza Son Radiofusión, asociación de amizade coa radio local. 

Institucional

Publica o teu comentario agora