ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Camiñada polo interior da parroquia de Magalofes para ver de preto os 48 hórreos retratados na exposición Documenta Hórrea. O presidente da asociación veciñal San Xurxo, Manolo Pico, informou do plan da Andaina prevista para o sábado, día 28.

As Andainas por Fene, que organiza a Concellería de Deportes en colaboración coas sociedades, chegan a Magalofes. “Veremos in situ os hórreos da exposición”, informou Manolo Pico, que actuará como guía. As cincuenta prazas previstas cubríronse nun día. A ruta dará comezo ás catro e media da tarde, no local social. A duración prevista é de dúas horas e media. A dificultade, media-baixa. Agárdase que o tempo acompañe a camiñada.
Publica o teu comentario agora