Visita do líder

Visita do líder
14 de Xaneiro, 2022 - 12:39 h. | Publicada por Radio Fene

No terreo deportivo esta fin de semana en Fene, na Copa de fútbol feminino visita o Pote o lider da categoría, As Pontes. Levan cinco partidos xogados e cinco vitorias.. O adestrador do Maniños Carlos Gomez cualificou ao rival como "o mellor equipo da competición". Maniños – As Pontes. Copa de fútbol sete feminino. O domingo ás 10,15 da mañá no campo do Pote de Maniños. 

Maniños. Fútbol feminino

Na Segunda División Galega de fútbol feminino Perlío – O Val B. O técnico do Perlío destacou que o equipo rival lles vai poñer as cousas moi difíciles. Son moi xoves e necesitan tempo, afirma  Juan José Lorenzo. Domingo ás 11,30 da mañá no campo dos Pinares de Perlío. 

Derbi na Primeira Galicia
Maniños e Perlío chegan ao derbi nun momento doce da competición. O Maniños é líder da Primeira Galicia de fútbol con 25 puntos O Perlío é terceiro con 18.  O míster do Maniños Pablo Mesa recoñece esa situación privilexiada dos dous equipos neste momento da liga. O derbi Maniños – Perlío. O domingo ás catro e media da tarde no campo do Pote de Maniños. Pitará o colexiado Christian Perez. 

Fame de vitorias en Barallobre
Na Segunda Galicia de fútbol, o  Barallobre necesita unha vitoria, coller moral e ritmo de competición para esquecer canto antes a derrota diante do Neda. O adestrador do Barallobre Óscar Varela advirte. Os xogadores do Narón O Freixo veñen coa moral alta. 
Barallobre Narón O Freixo. Domingo ás catro da tarde no campo do Ramo. Dirixe o arbitro Juan José Silven. Tamén no campo do Ramo de Barallobre,fútbol de veteranos. O Barallobre recibe ao Torre da Coruña. Mañá sábado ás catro da tarde. Na Segunda Galicia de fútbol o Maniños B volve á competición tras o aprazamento do partido da pasada fin de semana. Recibe ao Monfero o domingo ás 12 da mañá no campo do Pote de Maniños. Pita o colexiado Jose Alberto Lorenzo. 

Deportes

Publica o teu comentario agora