Visita do Xardín Botánico de Barcelona

Visita do Xardín Botánico de Barcelona
17 de Febreiro, 2022 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

Unha delegación do Xardin Botánico de Barcelona visitará a vindeira semana Maniños. Acudirán á finca do ex alcalde de Fene Xosé María Rivera Arnoso. Na súa finca de 60 ferrados no lugar dos Arangas en Maniños atopase un dos xardíns privados máis importantes de Galicia con uns 2.300 arbores de 2000 variedades diferentes.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe Corral

Fotografía Xan Xe Corral

(Xosé María Rivera Arnoso, ex-alcalde de Fene)

Aquí medran fieitos de Costa Rica, Nova Zelanda, Australia, as illas Fiyi, Indonesia, Borneo e Sumatra. Hai máis de 900 camelias e 60 acibros. Ten tamén moitas variedades de hortensias. Hai tamén unha rara strelitzia augusta, tamén chamada ave do paraiso, con flores de catro cores, ou a ampla colección de cítricos orixinarios de Rusia, a India, Etiopia e China. Xosé María Rivera Arnoso, conta con 75 anos e está moi condicionado por unha gran perda de vista a causa dunha vasculitis provocada por unha infección vírica de orixe descoñecida.
 

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora