Visitas aos museos nos dias festivos

Visitas aos museos nos dias festivos
17 de Abril, 2019 - 11:09 h. | Publicada por Radio Fene

O museo da Construción Naval de Exponav situase á cabeza dos espazos de cultura da comarca de Ferrol por número de visitantes. En 2018 rexistrou 31.946 visitas. Seguenlle o Museo Naval con 28.840 e o museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural con 10.671 persoas. Visitaron o Museo do Humor de Fene 2.656 persoas.

Xaquín Marín fundou o Museo do Humor de Fene en 1984

Ainda quedan asignaturas pendentes para que os museos se convirtan nunha verdadeira punta de lanza para o desenvolvemento turístico da zona. A sinalización ou a promoción destas entidades nas compañias navieiras son algunhas das demandas dos museos. Tamén se insiste na eliminación da peaxe da autoestrada ou na mellora das comunicacións ferroviarias. O Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos, o Museo do Surf de Valdoviño, o Museo Mares de Cedeira e o Etnográfico da Capela son outros dos lugares visitabeis da comarca de Ferrol.

Cultura

Publica o teu comentario agora