As visitas de Pablo Iglesias a Ferrol

As visitas de Pablo Iglesias a Ferrol

17 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A UXT créase en 1888. Nos primeiros anos coexisten no seu seo o republicanismo, o socialismo e o anarquismo. As tres correntes ideolóxicas conviven nos gremios dos sindicatos nunhas entidades marcadas polo compañeirismo e a solidaridade. Comezamos a ter testemuña da actividade uxetista na comarca en 1890. Dous anos máis tarde organízanse as sociedades de oficio. A rama do metal confórmase sen atrancos nos estaleiros da Graña pero atopan con reticencias no Arsenal onde funciona un rexime laboral máis estricto. Nos estaleiros privados os empregados poden afiliarse sindicalmente sen temor a represalias. A actitude reivindicativa nesas factorias ponse de manifesto en 1892. Cando os seus empregos vense amenazados, os operarios do estaleiro de Vila promoven unha folga a nivel comarcal. En 1895, ao reactivarse novamente esa factoría, 300 dos seus 800 empregados ingresan nas filas do sindicato do metal. En maio dese ano, sae elexido concelleiro o dirixente do PSOE Francisco Fernández García Pedrosa. Os socialistas somentes logran representación daquela en Ferrol, Bilbao e Mataró. Ao ano seguinte temos testemuña dunha das visitas do fundador do PSOE e da UXT a Ferrol. O 28 de agosto de 1896 publica o xornal La Voz de Galicia:

Pablo Iglesias, o compañeiro ex-tipógrafo, leader en España da emancipación do proletariado, chegou onte á tarde a Ferrol no vapor Hércules, acompañado do xefe local do seu partido Fernández García. Ao peirao baixaron a esperalo moi poucos compañeiros. Nada se sabe respecto ao dia no que se verificará a primeira reunión de propaganda. Xa avisarán”. Vos últimos anos do século XIX os dous estaleiros da Graña fecharán as súas portas. Os problemas xurídicos e a falla de pedidos afogarán o seu funcionamento.

Sociedade