Vista e ouvido

Vista e ouvido
01 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Falamos dos sentidos da vista e o ouvido esta semana en Radio Animal. Cans e gatos teñen máis desenvolvido que nós o ouvido e non ven as cores igual que nós. Son algunhas das cousas que nos contou a veterinaria etóloga Noemí Graña.

ESCOITA O PODCAST:

O sentido do ouvido fai que cans e gatos noten antes que os humanos os movementos sísmicos. Non os predicen, pero perciben antes o ruído que precede ás vibracións da terra. Noemí Graña narrounos unha experiencia propia vivida en Lugo cando se produciu o gran terremoto de Triacastela, en 1997. Tamén nos explicou Noemí como ven as cores os animais. “Antes pensábase que cans e gatos vían en branco e negro, iso é un mito, ven de xeito semellante ás persoas daltónicas, as cores verdes e vermellas non as distinguen ben”, aclarou a veterinaria etóloga colaboradora de Radio Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora