ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Goleada do Perlío en partido da Terceira División Galega do fútbol feminino. 6-0 nos Pinares, contra o Estrella A Solaina, un equipo tan minguado de efectivos que xogou os noventa minutos con oito xogadoras. A competición será máis dura nos próximos partidos. Conchi López, delegada do Perlío feminino, agarda que o equipo manteña o nivel nos retos que se aveciñan.

“Non tivo moita competición, elas viñeron nove e unha mancouse no quecemento, nós tiñamos cinco xogadoras no banco”, relata Conchi López. Tres goles de Judith, dous de Sabela e un de Alba déronlle os tres puntos ao Perlío que, á espera de competir con rivais máis duros, ocupa a cuarta posición da táboa. “De momento os rivais non deron moito que facer, agora vai vir o bo,a partir da semana que vén e a ver como responde o equipo, pero os puntos xa están feitos”, declarou en Radio Fene a delegada do Perlío feminino.
Publica o teu comentario agora