ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non resultou favorable ao Perlío feminino o desprazamento do domingo cara As Pontes. Na Terceira Galega de fútbol feminino As Pontes 3-0 Perlío. “Felicitar ao rival e traballar de cara a vindeira semana”, dí o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinki, co que falamos en Radio Fene.
“Foron superiores, penso que é un resultado xusto, atopamos un equipo con xogadoras de moita calidade”. Vitoria merecida do equipo das Pontes, recoñece o técnico do Perlío.“Nós fixemos un bo partido, na primeira metade aguantamos ben, na segunda no primeiro minuto nos fan un gol que é clave, pero non é escusa”, relata. Non logrou os tres puntos en disputa, pero o Perlío mantense en postos medios da táboa e con Judith destacada no ranking de goleadoras, onde está no segundo posto. Esta semana prepara o derby do domingo. Recibe nos Pinares ao Galicia de Caranza.
Publica o teu comentario agora