Vitoria traballada

Vitoria traballada
18 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tres puntos máis sumou o domingo o Perlío feminino en Narón. Estrela A Solaina 2-5 Perlío. A vitoria “non foi tan doada como parece”, explicou a delegada do equipo, Conchi López.

ESCOITA O PODCAST:

“Empezamos ben con dúas xogadas moi boas en profundidade”Transformáronas en gol Noa, que abriu o marcador. Despois marcou Ana Rodríguez Seoane “quero felicitala polo seu primeiro gol, xogou de dianteira, que non é o seu sitio habitual”. Despois complicouse o partido.  Viñeron os dous goles cos que empatou o Estrela, que lle meteron presión ao equipo. Xa na recta final remontou o Perlío cos tantos de Uxía, que marcou dous, e Judith. “Temos que ter un chisco máis de ambición para pechar o partido máis cedo”, reflexiona Conchi. 

Deportes

Publica o teu comentario agora