ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Moi disputado e con moita intensidade”. Así viu Rafa Afonso o Perlío 1-0 Xuventude de Crendes, partido aprazado en xaneiro por mal tempo que se disputou aproveitando o parón de Entroido.
“Resultado xusto, moi traballado e merecido”, resume o adestrador do Perlío o encontro da Terceira División Galega Feminina xogado o domingo nos Pinares. “Nos dez primeiros minutos elas marcaron un ritmo moi alto, sorprendeunos un pouco, a partir de aí entramos no partido e competimos á súa altura”. O Perlío impúxose na segunda metade. “Demos un paso ao fronte e fomos superiores, con varias ocasións para adiantarnos no marcador. O gol chegou a falta de dez minutos para o remate. Marcouno Carla, ao sacar unha falta.
Publica o teu comentario agora