Viva Galiza Ceibe!!

Viva Galiza Ceibe!!
12 de Xullo, 2024 - 08:45 h. | Publicada por Radio Fene

Xosé Constenla é un dos cantautores máis consolidados da escena galega, xa que leva máis de 20 anos adicándose á escrita e á composición musical e conta con seis discos editados dende o ano 2005. 

ESCOITA O PODCAST:

O cantautor ven de editar o seu novo traballo, “Para nunca esquecer”. Un disco de pequeno formato, con 6 pezas, nas que o autor quer lembrar unha etapa da nosa historia que segue a ser unha ferida mal curada, un inxusto esquecemento de quen sufriu e nunca foi vindicado.  Constenla rescata a memoria aos esquecidos e a aqueles aos que se lles quitou a vida de moitos xeitos. 

O disco recolle unha peza que é en sí mesmo un fermoso agasallo musical. Xosé recupera un episodio moi pouco coñecido da Guerra Civil no que Castelao e Santiago Álvarez, mobilizaron unha Milicia Popular Galega para defender Madrid dos golpistas. Ao chamado do Partido Galeguista milleiros homes e 150 mulleres conformaron un batallón que, ao berro de “Viva Galiza Ceibe”, participou na defensa de Madrid.

Fotografía: XanXe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora