Viva o Entroido!

Viva o Entroido!
17 de Febreiro, 2026 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

Martes de Entroido. A Concellería de Cultura de Fene ten todo listo para que poidamos gozar da festa máis irreverente do calendario. O concelleiro de Cultura, Justo Ardá, detallou en Radio Fene o programa e as alternativas previstas se o tempo non acompaña.

ESCOITA O PODCAST:

O concelleiro, Justo Ardá, tamén pensa disfrazarse pero non deu pistas de como se vai caracterizar. De momento, traballa co seu equipo para ter todo a punto para que a rapazada e os maiores tamén poidamos festexar o Entroido en Fene. A orquestra Marbella arrufa-rá esta noite a verbena do Martes de Entroido. No mesmo lugar, as seis da tarde festa para a rapazada coa Guagua. Lambetadas para nenos e nenas que se acheguen disfrazados. Mañá mércores de cinza, dia central do Entroido fenés, catorce comparsas participan no desfile que sairá as seis da tarde dos locais do Círculo de Perlío.  A Concellería de Cultura xa avisou que no caso de ter que anular o desfile do mércores a concentración das comparsas faríase ás seis e media na Praza do Alcalde Souto. Baixo a carpa instalada polo concello terá lugar a actuación das comparsas e a lectura do testamento. As actividades completaranse coa queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico.

Institucional

Publica o teu comentario agora