Viva o rock & roll

Viva o rock & roll
14 de Setembro, 2023 - 08:32 h. | Publicada por Radio Fene

Volve o rock por iniciativa de varios establecementos hostaleiros de Fene. Os grupos Malditos Pendejos e Mártires del Rock and Roll van actuar este venres na rúa por iniciativa de varios establecementos hostaleiros de Fene. Música para animar a noite fenesa grazas a catro locais de hostalaría. Son Roiben, Camarote, Mar e Terra e Lembranza. 

ESCOITA O PODCAST:

“Que viva o rock and roll”. Desexo de Francisco Prieto, da cafetería El Camarote, un dos promotores da iniciativa coa que queren darlle vida á noite do venres. Atraer clientela e ir quentando motores antes da celebración do Fenerock, que se celebra na fin de semana do 22 ao 24. Obxectivos dos organizadores do festival que estaba previsto para hai unhas semanas pero que tivera que ser suspendido polo mal tempo. Rock and roll na Avenida Naturais de Fene o venres, 15 de setembro, a partir das 20.30 horas, con Malditos Pendejos e Mártires del Rock and Roll. A presentación correrá por conta dunha persoa ben coñecida e querida na sociedade fenesa, Antonio Regueiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora