ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Orquestra Fania Blanco Show animará as festas de Sillobre deste verán. A comisión organizadora deu a coñecer o cartaz musical dos festexos, cando aínda faltan catro meses. O grupo Pasión e Acordes actuarán en Sillobre o 18 de xullo na honra de Santa Mariña e da Virxe do Carme. O 19 tocarán o grupo Ritmo e o dúo Boreal.
Xa na honra de San Ramón e San Roque, virán a Sillobre o 31 de agosto, Master e Origen e o 1 de setembro a orquestra Fania Blanco Show e o dúo Estrelas. A Comisión de festas de Sillobre xa organizou un cocido de Entroido o pasado 22 de febreiro e prepara distintas actividades para as próximas datas.
Como di a canción tradicional: "Por berrar viva San Roque, prenderon a meu irmán, agora que xa o ceibaron, viva San Roque e o can".
Imaxe: fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora