Vive o Nadal en Fene

Vive o Nadal en Fene

10 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vive o Nadal en Fene!! Baixo este chamado acobíllase unha ampla programación cultural e deportiva para as datas do Nadal no concello fenés. Co mes de decembro comezaron con representacións teatrais. Agora seguirán con musica, maxia e contos de Nadal. O dia 16 a biblioteca acolle Os contos do Nadal para maiores de tres anos. O dia 17, baixo unha carpa na Praza do Concello, actúan BellónMaceiras Quinteto ás 21 horas.

Dez anos cumpre o festival de Panxoliñas que chega o dia 18 ao local do CMI Unidade de Fene, sede este ano do acontecemento que reúne ás cinco agrupacións músico-vogais de Fene.
Como o Nadal é maxia, recibiranno en Fene co espectáculo do Mago Dani García, o dia 21 na Casa da Cultura. O dia 27 o mesmo escenario servirá para o Concerto do Nadal, a cargo da pianista fenesa, Cristina fraga e o guitarrista ferrolán, Rubén Caneiro. A concelleira de Cultura de Fene, Carmen Silvar, referiuse esta mañán ao concerto navideño.

As vacacións de Nadal en Fene estarán cheas tamén de alternativas deportivas. O pavillón A Xunqueira, a piscina de centieiras e o ximnasio da Casa da Cultura acollerán as máis variadas modalidades: a do cursiño de pirámides humanas, de defensa persoal, patinaxe, tenis e badminton, os xogos acuáticos en familia ou a Aula de xogo que abrirá todalas mañáns no pavillón de San Valentín para os máis pequenos.

Un campionato de futbol sala e un encontro de baloncesto completan a oferta deportiva de Nadal. Todo acabará coa cabalgata dos Reis Magos, a tarde do 5 de xaneiro, percorrendo todalas parroquias de Fene e recibindo aos nenos-as na Casa do Concello. A maioría das actividades son gratuitas agás aquelas que precisan monitorado. As inscripcións abríronse xa no pavillón a Xunqueira ata o 21 de decembro. Un programa de man repartiu o concello con toda a información deste programa, Vive o Nadal en Fene!!

Sociedade