A vivenda e a crise

A vivenda e a crise
31 de Outubro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene conta cun total de 9.519 edificios segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro, actualizados en setembro do 2020. Nesa cifra inclúense vivendas, pero tamén bodegas, garaxes, naves industriais, galpóns e todo tipo de edificacións.

Fenestras de Fene. Maite Martinez e María Xesús Arias

Hai 1.606 construcións anteriores a 1950. Case dúas mil son do século XXI. O boom da construción en Fene produciuse entre 1970 e 1979 con 2.286. A cifra é notablemente superior á década anterior onde só se levantaron 974 edificacións. Os efectos da crise de 2007 tamén son moi palpábeis. 1655 entre 2000 e 2009 e só 295 de 2010 a 2019.
Fene presenta un total de 1870 vivendas deshabitadas, segundo os dados do Concello de Fene. No término municipal hai un total de 5461 domicilios habitados. En cada vivenda habita unha media de  2,37 persoas. O maior número de vivendas habitadas corresponde á parroquia de Fene mentres que o ranking de casas desocupadas o encabeza Barallobre con 213. Segundo o alcalde de Fene Juventino Trigo, a criación de emprego sería a única solución ao problema do descenso da poboación, "e iso ten que pasar pola aposta decidida pola construción naval".

Sociedade

Publica o teu comentario agora