Vivimos en realidade tres vidas

"Vivimos en realidade tres vidas"
16 de Setembro, 2021 - 10:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Vivimos en realidade tres vidas: a real, a que soñamos polas noites e a que soñamos polo dia” manifesta o escritor Rafael Catoira. Prepara na actualidade a publicación da novela “O peso da memoria”, un libro que, tematicamente, non ten nada que ver coa súa obra anterior.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Unha casa patrucial. A decadencia dunha familia. Un ser illado coa súa imaxinación, soña ou vive? O protagonista desta novela está na liña que divide a vida e o soño. Os soños nos que habitan a ledicia de vivir e os pesadelos nos que os monstros aparecen”. Podería ser ese o resumo da novela “O escultor” escrita por Rafael Catoira e publicada por Medulia editorial. Rafael Catoira naceu na aldea de Laxe, en Culleredo. Traballou na construción, primeiro como obreiro e despois como empresario. Actualmente xubilado, dedícase ás súas afeccións, a lectura e a escritura. Gañou o segundo premio de poesía do certame literario de Vilalba. Tamén o primeiro accésit de poesía e o primeiro accésit de narrativa no Certame Literario de Paradela. 

Cultura

Comentarios

gustoume
Nome: 
Ana López Martinez

Publica o teu comentario agora