ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Con moito esforzo e ilusión, o rural mantén á familia Mimá. Miguel e María Xosé namoraron do Pazo de Meire en Allariz, un lugar no que se aínda se conserva a paisaxe típica do bosque autóctono de Galicia. Na súa horta ecolóxica producen diferentes alimentos, tal e como explican en Onda ODS.
Unha das razóns que levaron a esta parella que hoxe coñecemos en Onda ODS a mercar unha casa en Meire é a de iniciar un proxecto que lles permite compaxinar o traballo coa crianza dos seus fillos. Empezaron a traballar en terras cedidas polas veciñas ata ir adquirindo espazos de labranza onde a día de hoxe producen unha gran variedade de alimentos. As tendas, restaurantes e comedores escolares de proximidade ofrecen as froitas, hortalizas e o mel que Mimá agarima día a día. Ademáis, os seus produtos poden mercarse no Mercado da Biosfera que se celebra cada semana en Allariz.
Publica o teu comentario agora