Vivir e traballar legalmente

Vivir e traballar legalmente
09 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Desde mediados de abril e ata o 30 de xuño está aberto o prazo para presentar as solicitudes no proceso extraordinario de regularización de inmigrantes. A asesora xurídica dos Servizos Sociais de Fene, Susana Martínez Galdós, explicou as claves deste procedemento.

ESCOITA O PODCAST:

A regularización extraordinaria de inmigrantes permitirá vivir e traballar legalmente en España a moitas persoas que agora están en situación irregular. Poden solicitar acollerse a este proceso extraordinario a persoas inmigrantes que levan en España desde antes do 1 de xaneiro, vivindo aquí durante cinco meses seguidos e que carezan de antecedentes penais. A avogada Susana Martínez Galdós advertiu contra os intentos de engano ás persoas inmigrantes de xente que lles quere cobrar por documentos como o certificado de vulnerabilidade que se tramita gratuitamente nos servizos sociais. Aclarou, tamén, que o procedemento é para obter permiso de residencia e traballo, non a nacionalidade española. En canto aos países de procedencia das persoas inmigrantes sen papeis da comarca sinalou que son maioría as persoas procedentes de Latinoamérica, pero tamén hai moitísimo paquistaní ou indio, xente que se afinca aquí, e moitísimo senegalés, tamén é xente que é moi feliz aquí”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora