ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nova edición da Fashion Night en Fene. Este sábado, 13 de xuño, organizada pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro co apoio do Concello de Fene chega a iniciativa na que presumir da moda de Fene. Coñecemos os detalles desta festa da moda na conversa que mantivemos con Ana Basoa, presidenta do Cruceiro, e coa concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira. Os comercios participantes na Fashion Fest abrirán as súas portas ata as dez da noite.

Quince establecementos participarán na festa da moda de Fene. Estarán decorados no exterior con columnas de globos. Haberá exhibicións de baile, desfiles de modas, actuacións musicais e unha batukada que percorrerá todos os negocios participantes. Desde o Concello dáse apoio ao comercio local nesta iniciativa porque valoran a vida e o emprego que xera o tecido comercial fenés. A Fashion Night é unha iniciativa “na que hai moito traballo, é un grao de area para darlle visibilidade ao comercio local”, destacou Ana Basoa.
O horario comercial nesta festa da moda do comercio local fenés será de 10 a 13.30 horas e de 18 a 22 horas, para que todo o mundo poida gozar das actividades a animarse a comprobar a calidade dos produtos que ofrece o comercio de proximidade. Sábado 13 de xuño, un día para vivir a moda en Fene que celebra unha nova edición da Fashion Night.
Publica o teu comentario agora