Vivir o presente

Vivir o presente
20 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A meditación, igual que o mindfulness é un adestramento para a nosa mente que busca levarnos ao aquí e agora, explicou o psicólogo José Barcia Tuccelli en Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

Vivir sufrindo por dar voltas ao pasado ou temendo ao que pode suceder no futuro é humano, pero non axuda, destaca o psicólogo, José Barcia Tuccelli. Explica que a meditación é un adestramento mental. Debe practicarse na medida do posible a diario. Hai técnicas diferentes e un obxectivo  Traer a mente ao tempo presente. Pode parecer sinxelo pero non o é tanto, porque de seguida nos distraemos. Máis nos tempos que corren non que recibimos tantos estímulos que custa centrar a atención. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora