Vivir sen deixar tantos resíduos

Vivir sen deixar tantos resíduos
09 de Febreiro, 2021 - 12:25 h. | Publicada por Radio Fene

Con pouco que fagamos cada un de nós, todo suma. Aplicámolo, con Margarita Rodríguez de 4 ECO Narón, á colaboración individual co coidado do medioambiente e do planeta. Podemos reducir o consumo de plásticos, con pequenos xestos da nosa vida cotiá.

ESCOITA O PODCAST:

Partimos das nosas casas. Canto plástico temos nelas que sería totalmente prescindible. Por exemplo, o baño, é onde quizás acumulamos máis plástico de toda a casa, xunto coa cociña. “Non se trata de tirar con todo. Usámolo ata que chegue ao seu fin e, a partir daí, substituímolo por outros produtos máis sostibles”.

Quedamos no baño e analizamos con Margarita algúns dos obxectos erróneos e as posibles alternativas:

. as esponxas(feitas con petróleo) // esponxas de lufa vexetais)

. xampú e xeles envasados en plástico // sólidos en pastilla ou envoltorio de cartón.

. hixiene feminina// bragas menstruais, copas, compresas de tea.

. bastonciños de ouvidos// de bambú ou obxectos reutilizables.

. hixiene bucal// dentífricos en po, fíos dentais de seda.

. Toalliñas hixiénicas// auga-xabrón e toalla.

Moitos destes produtos non son biodegradables, aínda que o poña na publicidade, ata que se autodestrúen teñen tempo de contaminar, atoar, etc.

“Trátase de vivir sen deixar tantos residuos” sostén Margarita Rodríguez.

Sociedade

Publica o teu comentario agora