ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un partido moi igualado no que o Perlío B foi por diante moito tempo acabou en derrota. Na Segunda Futgal, Narón 2-1 Perlío B. Comentamos o partido co adestrador, Gonzalo Beceiro.

Un gol de Iván Fábregas inaugurou o marcador no 20’. O equipo defendeu con eficacia e tivo dúas ocasións claras na segunda metade, explica Beceiro. Pero non as deu materializado e ao final o Narón logrou darlle a volta ao marcador co que o Perlío B mantense na zona de perigo. “Cada vez que temos un revés o acusamos moito e un partido que semellaba controlado ao final acabamos perdendo novamente os tres puntos”, sinala o adestrador.
Publica o teu comentario agora