As voces das mulleres

As voces das mulleres
11 de Xuño, 2026 - 09:28 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da Fundacion Rosalía de Castro Anxo Angueira lembra que a autora de Cantares Gallegos permite falar a quen estaba silenciado na literatura da época. Rosalia de Castro dalle voz as costureiras, aos emigrados e ás mulleres que quedan soas.

No acto de presentación do número 10 da revista de estudos rosalianos Follas Novas tamén interveu Diego Rodriguez que conecta a obra de Rosalía co concepto de contos extraños. Un dos traballos máis orixinais da publicación é o da catedrática da Universidade de Florida Nuria Godón sobre o imaxinario vampírico na obra de Rosalía. A alcaldesa Sandra Permui, Anxo Angueira e Diego Rodriguez falaron nunha presentación que ratifica ao Concello de Fene como concello amigo da Casa de Rosalía.

Cantar da Emigraçao

Anxo Angueira falou na súa intervención do Cantar da Emigraçao, de Adriano Correia, unha canción da memoria antifascista de Portugal. Cantabana nos anos setenta aos mozos que ian á guerra colonial en Angola e Mozambique. E unha tradución do poema de Rosalia de Castro "Iste vaise, aquel vaise" segundo explica o profesor universitario.

Fene e Rosalía

O concello de Fene inaugurou en 1984 o xardín Rosalía de Castro en Perlío na parte posterior das vivendas edificadas por unha cooperativa de traballadores de Astano. A relación de Fene con Rosalía de Castro remóntase ao século XIX cando o matrimonio formado por Rosalía de Castro e Manuel Murguía era veciña na cidade vella da Coruña, da familia Jaspe Moscoso que tamén posuia o Pazo de Barallobre. O pintor Antonio Jaspe Moscoso compartiu con Ovidio Murguía a "xeración doente". 

Cultura

Publica o teu comentario agora