ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nace a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, unha plataforma formada por máis de 45 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais que ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade, denunciar a política migratoria da UE e incidir politicamente nas administracións. A Rede, aberta a que se sum
A Rede demanda que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea. Afirma que o modelo de Europa fortaleza está a dilapidar millóns de euros nunha sinistra infraestrutura de vixilancia, disuasión, control, intimidación e violencia mentres elude calquera xestión global que antepoña a vida das persoas. Só abandonando a actual política exterior baseada no lucro imperialista que vulnera a soberanía dos pobos e camiñando cara unha outra centrada na cooperación e na loita contra as desigualdades, poderemos atallar a raíz das crises migratorias e actuar de maneira solidaria perante os seus efectos, explican no manifesto.
Ademais solicita ampliar e axilizar o sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e Galicia que actualmente están pendentes de ser atendidas, mediante o reforzo da Oficina de Asilo e Refuxio do Ministerio do Interior e de persoal debidamente formado nas Oficina de Estranxeiría, para conseguir unha maior axilidade nas entrevistas de solicitude.
Entre outras reclamacións, a nova plataforma pide que se recuperen os fondos de cooperación e os programas de atención á poboación de orixe estranxeira previos aos recortes, imprescindibles para mellorar a situación nos países de orixe e a construír unha sociedade xusta e cohesionada.