ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Esta volta ao cole da que vos falamos non é unha volta á aulas, non implica preparar uniformes, mochilas, nin material escolar.

Trátase dun retorno á infancia, aos días na escola, ás mestras queridas e ás non tan queridas, ás tardes en plena rúa, á televisión con “carta de axuste”, á amizade auténtica da que non se agardaba outro beneficio que o tempo compartido e na que os veráns eran eternos.
Esta foi a experiencia compartida, con formato de cea de confraternización, por case 40 mulleres que estudaron no Grupo Escolar Hijos de Limodre.
A idea desta xuntanza de ex alumnas xurdiu durante o traballo de recuperación da memoria escolar que está a realizarse para celebrar o centenario da Sociedade de Instrucción Hijos de Limodre, entidade que nace en 1925 para en poñer en marcha esta escola “indiana” de Limodre. Moitas foron as xeracións de rapazas e rapaces de Limodre, e da contorna máis cercana, que se formaron nesta escola ata o seu peche definitivo.
Un grupo destas mulleres, que están en idades comprendidas entre 60 e 69 anos, decidiron lembrar eses anos escolares e xuntarse nunha cea de confraternidade que as reuniu no propio local da Escola. Algunha desprazouse a propósito dende lugares non tan lonxanos como Cecebre e algunha fixo o esforzo de achegarse dende Avilés ou Palma de Mallorca.
A foto do artigo, realizada por XanXe nas escaleiras de entrada ao recinto escolar, quer emular as moitas fotos que se teñen feito dos grupos de alumnas e alumnos desta escola centenaria. Moita nostalxia na calorosa noite limodresa, pero tamén moitas risas e reencontros.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora