ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Último día das vacacións de verán para os escolares de primaria e secundaria que están a punto de empezar o curso escolar 2026-2027. O comezo do curso vívese con nervios nas casas e tamén desde a dirección dos colexios como contou en Radio Fene a directora do CEIP Centieiras, Andrea Fernández, porque é moito o traballo necesario para ter todo listo para recibir aos escolares.

Nenos e nenas estrearán material escolar e reencontraranse con compañeiros e profesores. Algúns, ademais, comezan este mércores a súa vida académica. Este curso, no CEIP Centieiras acudirán a clase ao redor de 145 escolares, 18 deles, con 3 aniños, van ao cole por primeira vez, segundo nos dixo a directora do centro educativo. A maioría entran con 3 anos e continúan todas as etapas educativas no colexio, ata cumprir os 12. Da súa formación ocúpanse 15 mestres e mestras entre persoal propio e itinerante.
Un centro familiar
“Somos un centro moi familiar, intentamos potenciar a cohesión e o vínculo de comunidade educativa”, explicou Andrea Fernández. O primeiro día de clase é unha xornada especial para nenos e nenas, para as súas familias e tamén para o profesorado e os equipos directivos dos centros escolares que levan dedicado moito tempo para que os colexios estean listos para o comezo do curso, preparando programacións, horarios e ata colocando mobles nas aulas. Tamén en Radio Fene agardamos con ansia a primeira visita dos redactores e locutores das “Crónicas de Centieiras”.
Publica o teu comentario agora