ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Enrique Salgueiro do club ciclista Extremadura aspira a gañar a VIII Volta ciclista á provincia da Coruña que este mediodia finaliza nas Pontes. Os deportistas sairon ás 11 da mañá da Casa do Concello de Fene e percorreron os Concellos de Ares, Mugardos, Neda, San Sadurniño, Cedeira e As Somozas.
A choiva caida a primeiras horas da mañá desluciu a saida da etapa e obrigou a trasladar as actividades previas de Fene para As Pontes. Minutos antes da saida, Enrique Salgueiro manifestou a Radiofusión, o seu desexo de conservar a ventaxa de 2 segundos e gañar a proba. Con respecto ás precipitacións Salgueiro indicou que en Galicia xa se sabe. De todos os xeitos, os ciclistas rodan incómodos e para eles foi un dia complicado. A concelleira de Deportes de Fene Carmen Silvar laiouse da auga que impediu celebrar esta mañá actividades promocionais da bicicleta. Sinalou que para o ano que ven se vai intentar que a meta dunha etapa se situe en Fene.