ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A octava Volta Ciclista á provincia da Coruña sae mañá sábado de Fene. A serpe multicolor percorrerá Fene, Mugardos e Ares e rematará a súa etapa nas Pontes.
A etapa partirá ás once da mañá da Casa do Concello de Fene, encarando pola estrada da Fraga e Marqués de Figueroa en dirección a Mugardos. Visitará Ares e volverá polo Seixo e Maniños de novo á avenida Marqués de Figueroa. Por Conces dirixiráse a Neda, e visitará San Sadurniño, Valdoviño, Cedeira e As Somozas. O final de etapa situase nas Pontes, entre as rúas Balsa, e as avenidas Galicia e Castelao. Calcúlase que os ciclistas chegarán á meta arredor das duas e media da tarde.