A volta do fillo pródigo

A volta do fillo pródigo
07 de Xullo, 2020 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío chegará á Primeira Galicia de fútbol con novas incorporacións pero sendo o mesmo equipo en esencia. Chechu Piñeiro vai deseñando o plantel mentres agarda impaciemte o arranque da pretemporada que polo momento non ten aínda data.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío prepárase para concorrer na Primeira Galicia de fútbol pero, de momento, sen calendario e descoñecendo o grupo no que se integrará. Teñen as directrices xerais de como haberá que xogar na nova normalidade pero descoñecen cando poderán arrancar a pretempada e os adestramentos. Unha reunión da Federación Galega de Fútbol o mércores 15 de xullo podería poñer luz nesta incerteza. O técnico do Perlío está desexando empezar xa os adestramentos. En palabras de Chechu Piñeiro a Radio Fene, están esperando que a directiva lles de a saída para poder xogar algún amigable ou algún torneo de pretemporada.

Perfilando o equipo para a nova temporada

Mentres isto non chega, o Perlío vai deseñando o novo equipo co que competirá na nova categoría. De momento hai unha nova incorporación para a tempada 2020-2021. É a de Javi Varela que se formou na casa do Perlío para despois xogar no Galicia de Caranza e no Eume. Agora volve á casa coa experiencia da Primeira Galicia “para aportar forza e empuxe” en palabras de Piñeiro, quen explica que pode xogar tanto de defensa como no medio do campo. Chechu Piñeiro ten na recámara a catro xuvenís que poden incorporarse ao primeiro equipo pero deberán loitar por acadar esa ficha. “Os catro son válidos pero o salto de categoría é importante” afirma Chechu que cita estes nomes o porteiro Julián, Hugo, Martín Romero e José Antonio (que volve de As Pontes). De momento non hai ningunha baixa confirmada nin tampouco máis altas. “Se aparecese un xogador que pode mellorar o plantel será benvido pero, co que temos, temos un equipo para estar tranquilos na nova categoría”. Unha categoría que require un ritmo máis alto e estar máis preparados fisicamente.

 

(Javi Varela nunha imaxe de muchacalidad.com)

Deportes

Publica o teu comentario agora