As voltas co fútbol

Ás voltas co fútbol
25 de Novembro, 2022 - 08:37 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira volta na Primeira Galicia de fútbol rematará o oito de xaneiro. Seis encontros lle faltan ao Maniños para finalizar ese ciclo. Figura na quinta posición con vinte un puntos, a seis do líder, o Clube do Mar de Caión.  Xa este domingo  o Maniños recibe ao Ural Español. Domingo ás cinco da tarde no campo do Pote de Maniños. Na súa casa o equipo síntese forte, segundo o adestrador Pablo Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

Falan os adestradores do Maniños (Pablo Mesa) Perlío (Gonzalo Beceiro) Barallobre (Miguel Carballeira) e Maniños B (Míchel Rodriguez). Tamén os técnicos do fútbol feminino do Maniños (Juanjo Iñiguez "Cebolo") e do Perlío (Carlos Carballo "Binky")
http://173.255.131.18/audio/251122SANFIZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Na Segunda Galicia finaliza esta fin de semana a primeira volta. O  Perlío visita ao Miño B no campo de Gallamonde. Domingo ás seis e cuarto da tarde.Como outros filiais, están formados por xente nova. Fisicamente andarán ben, afirma o técnico Gonzalo Beceiro. O Maniños B recibe ao Moeche en partido matutino. O domingo ás doce do mediodía no campo do Pote. O míster Michel Rodriguez espera que veñan a Maniños dispostos a todo. Os xogadores do seu equipo teñen que volver xuntarse. Na mesma categoría o Barallobre visita ao Xuventude de Cabanas. No campo da Veiga en Cabanas, o domingo ás cinco e media da tarde. Miguel Carballeira quere continuar co bo traballo nos adestramentos. Non se marcan límites nin obxectivos.
Fútbol feminino
Na Segunda División Galega da Liga feminina, Fene disputa dous partidos contra Oleiros Na oitava xornada da competición o Perlío recibe na casa ao Obreiro que, de momento, perdeu todos os partidos, manifesta o técnico do Perlío Carlos Carballo.
As do Maniños viaxan a Nós para xogar contra o Atlético San Pedro que está nos primeiros postos da táboa. Ocupa a terceira posición e so levan perdido un partido. O adestrador, Juanjo Iñiguez, Cebolo, é consciente da dificultade pero amosa afán de competir

Deportes

Publica o teu comentario agora