Volvérono coller ao volante

Xa van cinco
31 de Marzo, 2026 - 11:38 h. | Publicada por Radio Fene

A Garda Civil investiga a un condutor multirreincidente localizado en Ferrol por quinta vez circulando sen permiso de condución. Foi interceptado dúas veces en menos de quince días. 

Axentes que realizaban labores de vixilancia nas estradas localizaron un vehículo cuxo condutor fora investigado anteriormente por circular carecendo de permiso de conducir. Déronlle o alto e comprobaron que conducía sen carné. Este home foi investigado en cinco ocasións por feitos semellantes, a última o pasado día 12. Tráfico impútalle un delito contra a seguridade viaria, que con leva unha pena de prisión de 3 a 6 meses ou multa de 12 a 24 meses ou traballos a favor da comunidade de 31 a 90 días, en caso de ser condenado. Ademais, os tribunais poden apreciar agravantes como a reincidencia, o que incrementa a severidade das penas. Nestes casos, é máis probable a imposición de penas privativas de liberdade, especialmente cando o autor mostra un desprezo continuado polas normas de seguridade viaria.

Sociedade

Publica o teu comentario agora