Volve á competición

Volve a competición
21 de Xaneiro, 2022 - 11:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío volve á competición da Primeira Galicia de fútbol este domingo. Non se sabe aínda cando se disputará o partido aprazado por covid entre o Maniños e o Perlío . A federación mandou un escrito propoñendo xogar un mércores. De non ser posible, podería marcarse para o 19 ou 20 de marzo, xusto ao rematar a primeira fase.  Si se xogará esta fin de semana o Perlío – Narón. Primeira Galicia de fútbol. A pasada semana, a federación suspendeu o partido Maniños – Perlío ao detectarse catro xogadores do Perlío con COVID. Tres deles xa deron negativo e pasaron o período de corentena. Tres recuperados pero caeu outro. A dia de hoxe, venres, o Perlío só ten dous xogadores con COVID polo que segundo a normativa da Federación, poderase disputar o xogo. Perlío – Narón. O domingo 23 ás catro e media da tarde no campo dos Pinares. Pita o colexiado Fernando Caruncho. Na mesma categoría, o Cultural Maniños descansa nesta xornada.

ESCOITA O PODCAST:

Chechu Piñeiro, adestrador do Perlío
http://173.255.131.18/audio/210122PINEIRO.mp3
Óscar Varela, míster da S.D.Barallobre
http://173.255.131.18/audio/210122VARELA.mp3
Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía Xan Xe

Optimista é o adestrador da Sociedade Deportiva Barallobre Óscar Varela. Na Segunda Galicia de fútbol, o Barallobre recibe no campo do Ramo por segunda xornada consecutiva. Intentará sumar puntos despois de lograr un empate a pasada xornada. Enfrontarase ao Esteiro o domingo 23 ás catro da tarde. Dirixe o arbitro Diego Bouza. Na mesma categoría, o Maniños B descansa.

Deportes

Publica o teu comentario agora