Volve coller o fío da liga

Volve coller o fío da liga
20 de Xaneiro, 2025 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños B 3 - 0 Once Caballeros B. O Maniños B volve coller o fío da liga da Terceira Fútgal con goles de Hugo, Aitor e Alex. Foi superior nas dúas áreas e amosou a súa mellor versión ofensiva. “Estreamos porteiro esta semana con Arnaldo e logramos manter a portería a cero” manifesta o técnico do Maniños B Alvaro Dopico “Chiqui”.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños B Álvaro Dopico "Chiqui":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/200125DOPICO.mp3

Fotografia Xan Xe

O equipo estivo moi compacto en defensa. Próxima xornada Maniños B -Sp Cambre B. Enlazar dúas vitorias faría subir a moral dos xogadores.

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora