Volve a competitividade

Volve a competitividade
03 de Novembro, 2025 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 1-1 O Val. Álvaro España marcou o gol do equipo do Pote no 48, pero empatou o Val vinte minutos despois. O arbitro expulsou a un xogador do conxunto visitante no minuto oito. No setenta e oito mandou ao vestiario a  un do Maniños por dobre cartón amarelo, polo que se equilibraron as forzas. A próxima xornada da Preferente Futgal, o Maniños visita ao Dumbría, un equipo que é décimo con 12 puntos. O Maniños é decimo-sexto con 7.
Non hai excesivas urxencias no Maniños, e o empate serviu para romper a serie de dúas derrotas seguidas.”

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martinez:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/031125MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

”Volvemos á competitividade, a un ritmo alto, pero temos que aprender a xogar cunha vantaxe numérica e no resultado, porque o gol do Val foi un erro infantil” salienta o preparador do Maniños. O partido foi moi intenso, para Adrián Martinez.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora