Volve con forza a Parrocheira

Volve con forza A Parrocheira
07 de Setembro, 2022 - 03:05 h. | Publicada por Radio Fene

Todo a punto en Ferrol vello para a celebración da festa da Parrocheira. Haberá actividades para todos os públicos e para todos os gustos. Música, xantar, popular, festas infantís, regatas nun amplo programa festivo para que todos poidan gozar da festa. Explicárono en Radio Fene o representante da Comisión de festas de Ferrol vello, Emilio Romero, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Francisco Barea.

ESCOITA O PODCAST:
Imaxe entrevista Parrocheira

A Parrocheira volve a Ferrol por todo o alto para a vindeira fin de semana. Os organizadores queren recuperar nestes festexos tradicións e eventos que non se facían hai anos. A Asociación Veciñal de Ferrol vello convida á veciñanza a participar en todos os actos, que se desenvolveán tanto na Praza vella como na superficie da Frigorífica. O barrio merece unhas festas como se facían en tempos, asegurou. A oferta de actividades que prepararon permitirá gozar a todos os públicos, de todos os gustos e de todas as idades. Desde as sete da tarde do venres ata a media noite do domingo.

A oferta festiva inclúe música, festas infantís, verbena, xantar popular, regatas e moito máis. O representante da Comisión de festas, Emilio Romero, dixo que queren darlle alegría ao barrio e animar a xente a vivir en Ferrol vello. E destacou que a maioría dos grupos musicais que actuarán son da zona. O Concello de Ferrol, a Autoridade Portuaria, a hostalería e a cidadanía colaboraron co programa de maneira moi importante. Desde o Porto, o presidente agradeceu a implicación da asociación de veciños e o seu interese en recuperar festas e tradicións como a Parrocheira.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora