Volve Festea

Volve Festea
18 de Setembro, 2024 - 03:16 h. | Publicada por Radio Fene

O Festival Internacional Entes Animados, Festea, volta a Fene e a outros sete concellos da contorna. O sexto Festival Internacional Entes Animados celebrarase nas fins de semana do 20 ao 29 de setembro. Os espectáculos previstos para Fene terán lugar o venres 27 no local de Agarimo de Sillobre e o sábado 28 en Limodre. Os dous ás oito da tarde e de balde.

Seis compañías procedentes de Portugal, Brasil e Inglaterra achegaranse até os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Narón, Miño, Neda e Valdoviño actuarán este ano. As compañías convidadas nesta nova edición de Festea son: Caricata Teatro (España/Portugal), Drew Colby, Shadowgrapher (Inglaterra), Fábio Superbi (Brasil), Fio d´Azeite (Portugal), Historioscopio (Portugal) e Rui Sousa (Portugal) En total ofrecerán 20 funcións, en centros sociais e colexios con entrada libre e de balde. As de Fene están previstas para os venres 27 e o sábado 28. O primeiro día actuará Caricata Teatro que ofrecerá o espectáculo A Tourada, ás oito da tarde no local de Agarimo en Sillobre. E o día 28 en Limodre poderemos ver My Shadow and Me de Drew Colby, Shadowgrapher. Tamén ás oito da tarde.

Cultura

Publica o teu comentario agora