Volve a folga no metal

Volve a folga no metal
05 de Xuño, 2026 - 06:45 h. | Publicada por Radio Fene

Folga de novo a vindeira semana no sector do metal na provincia da Coruña. A negociación do novo convenio colectivo volve estar bloqueada logo de que a patronal cancelara unha xuntanza que estaba prevista para onte.

ESCOITA O PODCAST:

“Quedamos sorprendidos”, manifestou Sergio Martínez, responsable de Industria da CIG en Ferrolterra ao valorar a decisión da patronal de cancelar a reunión negociadora prevista para o xoves despois de coñecer a oferta da representación laboral. Frustrada a negociación, os sindicatos CIG, CCOO e UXT convocan de novo aos traballadores a tres xornadas de paro os 9, 10 e 11 de xuño. A patronal propuxo reunirse o luns e os sindicatos entenden que “é un intento de rebentar a folga”.  

Sociedade

Publica o teu comentario agora