ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Quince mulleres poderán participar na nova edición do Proxecto Indira que dará comezo no mes de outubro. Presentárono esta mañá en Radio Fene a traballadora social do Concello Adelaida Abad, e a usuaria Belén Martínez.
Indira é un proxecto municipal moi asentado e valorado no que se abordan temas relacionados co desenvolvemento persoal e a saúde. “É un espazo onde as mulleres poden experimentar, coñecerse, medrar xuntas, relaxarse e gozar. Unha proposta activa e mobilizadora da condición feminina, co obxectivo de apoiar unha transformación real na vida das mulleres, pola súa propia saúde individual e familiar”, explica Adelaida Abad. Leva realizándose ininterrompidamente desde 2018 con dúas edicións anuais: de xaneiro a xuño e de outubro a decembro. “Alí ninguén te xulga”, di Belén Martínez, unha das usuarias, que valora un programa que serve para mellorar o auto-coñecemento e a xestión das emocións.
O grupo estará guiado por dúas psicoterapeutas e as sesións terán lugar os mércores pola mañá, de 10:00 a 12:00 horas, na aula da que dispón o Centro Municipal de Servizos Sociais en San Valentín. O prazo de presentación de inscricións estará aberto desde ó 16 de setembro ata o 30 deste mesmo mes.
Publica o teu comentario agora