ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nova edición do programa Indira, que ofrece o departamento de Igualdade do Concello de Fene a todas as mulleres do municipio. A primeira desde ano 2026. Presentouna en Radio Fene a coordinadora do departamento de Benestar Social e Igualdade, Pilar Couce

O proxecto Indira é un espazo de encontro para mulleres. Está moi consolidado e é moi valorado polas participantes, lembrou Pilar Couce. A primeira edición deste ano comeza en febreiro e as interesadas en participar poden anotarse estes días, ata o día 30 de xaneiro. Prolongarase desde o 4 de febreiro ata o 27 de maio. Con sesións semanais, os mércores pola mañá. Xa hai doce mulleres apuntadas, pero non hai tope e poden sumarse máis. Moitas mulleres repiten de edicións anteriores pero todas as que se incorporan por primeira vez son benvidas e a coordinadora do departamento de Benestar Social e Igualdade animou a todas as fenesas interesadas en participar nas sesións a dirixirse aos Servizos Sociais.
Publica o teu comentario agora