Volve a madeira

Volve a madeira
04 de Maio, 2021 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Volve a madeira. Os pisos de madeira, solos laminados, parqué ou tarima flotante son cada vez máis usados na construción de vivenda nova e nas rehabilitación. Para a limpeza das superficies de madeira recomendase, usar un produto con PH neutro e que conserve a hidratación.

ESCOITA O PODCAST:
Margarita Rodríguez de 4 Eco Narón

Podemos facelo coa fregona pero moi escorrida e cada dúas semanas. Non é convinte estar mollándoa a diario. A madeira ven dun ser vivo e continua sendo viva, segundo Margarita Rodríguez, de 4Eco Narón. Un produto específico para o piso de madeira pódese usar tamén para portas ou para mobles de madeira. Pero non é o mesmo a madeira, que o solo laminado, tarima ou parqué. A madeira ten o poro aberto. Non é igual tratar a madeira que o solo laminado. Por exemplo, o vinagre pode usarse na madeira, pero non no parqué porque estragamos o chan en lugar de limpalo.  Parqués, tarimas flotantes e solos laminados teñen unha capa plástica que pode resultar danada.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora