Volve o Festival Brincadeira, paradigma do eclecticismo musical

Volve o Festival Brincadeira, paradigma do eclecticismo musical

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

De Boney M a Dios Ke Te Crew. O eclecticismo volve a ser o sinal do Festival Brincadeira 09 que se celebrará na vila coruñesa de Ordes os días 7 e 8 de agosto. A programación internacional deste evento, que na pasada edición congregou a máis de 15.000 persoas, contentará a todos os padais musicais. O atractivo aumenta ao saber que tanto a entrada aos concertos como a acampada será de balde.

Bobby Farrell, “Boney M Show”, ofrecerá a súa maxia o sábado día 8 de agosto na que será a súa única actuación estival ao aire libre no Estado. Canda el, propostas como a do combo de blues Los Reyes del K.O. ou RumbaTarumba, formación que xorde dos míticos creadores de Los Manolos. También estarán en Ordes Las Furias, conxunto barcelonés de rock and roll atrevido e singular; Virüs, da mesma cidada condal e que achegará o toque pop.

Completan o cartel Hoba Hoba Spirit, un dos principias grupos de Marrocos, que debuta no territorio estatal; Chico Trujillo, banda chilena cun divertido e contundente directo; Dios Ke Te Crew, colectivo de hip hop galego que reúne no escenario rap, breakdance e graffiti; e os Che Sudaka, adiantando o seu novo disco.

Cultura