Volve o Perla Mural Fest na súa terceira edición.

Volve o Perla Mural Fest na súa terceira edición.
27 de Xuño, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O laureado Perla Mural Fest terá lugar entre o 28 de xullo e o 3 de agosto en Fene.

 

O Perla Mural Fest ocúpase de encher Fene de arte, sendo o principal atractivo o muralismo pero sen esquecer outras disciplinas artísticas e culturais. O festival e, polo tanto, o Concello de Fene, pode estar orgulloso de contar con 2 galardóns do “mellor mural do mundo”, premio entregado por Street Art Cities, unha plataforma que permite localizar arte urbano arredor do globo. Isto fai de Fene a única localidade a nivel mundial que conta con 2 premios, en 2 anos consecutivos, acadados ademais na primeira e segunda edición deste Perla Mural Fest.

O festival non esquece outras disciplinas e oferta todo tipo de actividades para os asistentes. Un dos pratos fortes do Perla Mural Fest son os concertos. No cartel contamos con artistas da talle de Sara Socas, Melifluo ou Hugo Guezeta, entre outros. Non faltarán tampouco teatro nas rúas ademais de atraccións e un recuncho infantil específico para a rapazada.

Fotografía: XanXe

Texto: César Bravo Pereira

Sociedade

Publica o teu comentario agora