Volve a tertulia deportiva a Radiofusión

Volve a tertulia deportiva a Radiofusión

08 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Esta noite a partir das dez menos vinte volve de novo o espazo adicado á opinión na programación deportiva do domingo. Varios contertulios falarán do fútbol afeccionado de Ferrolterra, do Racing, e doutros aspectos do balompé español e galego. Estarán esta noite no estudo de directo da nosa emisora, Enrique Soto coordenador deportivo do Galicia de Caranza, Alberto Tojeiro, máis coñecido por Truji, técnico de base de Ferrolt

A Tertulia Deportiva de Radiofusión pecha a programación deportiva da fin de semana que comeza ás catro da tarde con conexións en directo con varios campos de fútbol da bisbarra. O Carrusel Volta á Ría continúa ao longo da tarde con reportaxes radiofónicas, entrevistas en directo e moita información grazas ao equipo formado por Oscar Martínez, Paulo Regueiro e un servidor Xan Morales. Máis de sete horas de radio deportiva comarcal.
Deportes