Volver a empezar

Volver a empezar
17 de Marzo, 2020 - 09:14 h. | Publicada por Radio Fene

Si a situación de crise se alonga no tempo, haberá que anular a competición e volver a empezar na próxima temporada. "É o máis xusto" afirma o técnico do Perlío de futbol-7.

ESCOITA O PODCAST:

Como a película de Garci "Volver a empezar" non sería tan malo. Significaría que pasou esta crise e todo volve ao seu sitio. Quen así pensa é o técnico do Perlío feminino, Juanjo Lorenzo. O equipo estaba a unhas horas de xogar co Cultural Maniños o derbi no campo do Pote. O domingo ás 11,30 estaba programado o choque tan esperado. O Maniños segundas e o Perlío terceiras, a dous puntos de dar o salto. Nunca saberemos que tería pasado a non ser que esta situación tan rara pase en quince dias e poda volver a reanudarse a competición. Lorenzo pensa que se non se alonga isto, poderíase reanudar a liga xogando mércores e domingo para recuperar o atrasado ou prolongar a competición ata xuño. "Sería un mal menor diante do que está pasando" afirma Juanjo Lorenzo. De non ser así é partidario de anular a competición esta temporada e volver a empezar. E iso que o Perlio está ben posicionado pero "non sería xusto" conclúe. Agora o que máis preocupa ao técnico do Perlío é que as súas xogadoras perdan a forma. Como o coronavirus pillounas desprevenidas non teñen unhas pautas a seguir. En principio a consigna era sair a correr pero como está prohibido, depende do que teñan na casa e da súa vontade de manterse en estado de revista.

Deportes

Publica o teu comentario agora