ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pasoulle factura ao Maniños a escaseza de efectivos no primeiro partido do ano, o último da primeira volta na Segunda Galicia de fútbol feminino. Perdeu en Iñás 5-1 contra o Atlético San Pedro. Analizamos o encontro co adestrador Juanjo Iñiguez, Cebolo.
“Satisfeito, non co resultado, si co xogo”, amosouse o técnico. O Maniños enfrentábade a un dos grandes da categoría escaso de efectivos. “Chegamos moi xustiñas para formar o equipo e físicamente custounos”, recoñece Iñiguez. O marcador “igual un pouco avultado, pero nada que obxectar, do que vin na primeira volta é un dos mellores equipos da categoría”. “Quedo co positivo. O equipo xogou ben, agora toca xuntar xente e volver ser competitivas”, conclúe.
Publica o teu comentario agora