Volveu á terra

Volveu á terra
12 de Febreiro, 2024 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

O Miño devolveu a terra ao Maniños despregando un fútbol alegre, atrevido e ilusionante. O equipo branco quedou eliminado da Copa da ría en partido xogado na tarde do sábado no campo de herba artificial do Pote. Maniños 1 - 2 Miño. “Tivemos oportunidades de pasar a semifinais e por iso queda unha sensación agridoce, pero competimos cun rival da categoría Preferente” salienta o adestrador do Maniños Adrián Martinez.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martínez:
http://173.255.131.18/audio/120224MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

“David rematou moi ben a porta nunha falta lateral, porque a balón parado estivemos ben, pero o Miño é un gran equipo” conclúe o técnico.

 

Fotografia Xan Xe

(Arquivo Radiofusión)

Deportes

Publica o teu comentario agora