ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Simulacro, proba, farsa, consulta inútil... Moitos foron os epítetos que a prensa e as forzas políticas estatais lle estiveron atribuíndo nos últimos días á consulta, que non referendo de autodeterminación, de Cataluña desenvolvido este pasado domingo, 9 de novembro. Mais para tratarse dun suposto engano, como algúns ameazaron, moitos foron os que voluntariamente se declararon incautos para morderen o anzol e acudir a votar ás urna
Con máis do 88 por cento do votos escrutados, a resposta maioritaria ás preguntas: “Quere que Cataluña sexa un Estado? E xa que logo, quere que sexa un estado independente?” foi un “si quero” rotundo, un duplo si en case o 81 por cento das respostas. Isto representa que 1,6 millóns de votantes queren a independencia para o territorio no que residen. A opción intermedia, a que aposta polo recoñecemento nacional de Cataluña, mais non quere seguir a ruta do president Mas, o "si-non" como resposta ás dúas cuestións, recibíu o 10 por cento dos apoios. O resto de opcións, entre abstencións e votos e branco e o apenas existente non como resposta única, repartíronse o apenas 9 por cento restante de apoios.